Conecta Ourense Rural

15
Abr

Hora de inicio: 08:00

Hora de fin: 19:00

Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao

Dende a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao informámoste de que o vindeiro 15 de abril acolleremos nas nosas instalacións a iniciativa Conecta Ourense Rural, coa finalidade de ofrecer asesoramento directo e personalizado ás empresas do polígono e da súa contorna.

Durante esta xornada, impulsada pola CEO e a Xunta de Galicia a través do IGAPE, poderás manter unha reunión individual e personalizada co equipo técnico formado por:

  • Carla García Valcarce, técnica responsable das Oficinas Sur da Oficina Económica de Galicia (IGAPE).
  • María Fernández Vázquez, responsable de Conecta Ourense (CEO).

Nesta sesión analizaranse as oportunidades de apoio público máis axeitadas para a túa empresa, resolver dúbidas e revisar posibles proxectos ou expedientes en curso:

  • encaixe da túa empresa nas actuais liñas de axuda e financiamento público.
  • Dúbidas sobre convocatorias abertas ou próximas.
  • Consulta e seguimento de expedientes xa iniciados.
  • Identificación de novas oportunidades de apoio para investimentos, innovación ou mellora da competitividade.
  • Acompañamos ás empresas na identificación e aproveitamento das axudas públicas, especialmente en ámbitos clave como innovación, dixitalización, internacionalización e sostibilidade.

Solicita a túa cita previa na seguinte ligazón: https://forms.gle/w6uEy6HxsqdZ2xNy7

📧 conectaourense@ceo.es
📞 988 391 110