Acceso Inmediato e Uso Xeral

Acceso Restrinxido

  • O acceso á área de camións está restrinxido a vehículos que ingresen directamente mediante a aplicación móbil PVerde, dispoñible para descarga na web www.poligonosancibrao.com. A entrada permítese tanto no momento de chegada ao aparcamento como mediante unha reserva previa realizada a través da mesma aplicación.
  • Identificación de vehículos: só poderán acceder á área aqueles camións cuxa matrícula e tarxeta de crédito estea previamente rexistrada no sistema.

Control de Acceso

  • O acceso á área realízase mediante a lectura automática de matrículas e/ou o uso dunha clave de acceso persoal e a apertura de barreiras automáticas.
  • Acceso peonil ao recinto.

Horario de Operación

  • A área de camións estará operativa as 24 horas do día, sen límite de estancia.
  • Poderán acceder ao recinto camións de calquera clase, quedando prohibida a entrada de vehículos de mercadorías catalogadas como perigosas.

Acceso Inmediato

  • Para acceder ao aparcamento de camións de forma inmediata, o usuario debe rexistrarse a través da aplicación móbil PVerde, que se pode descargar desde www.poligonosancibrao.com, ou ben escanear o código QR dispoñible na entrada do aparcamento. Este rexistro permite un acceso fácil e rápido no momento de chegada.
  • A tarifa é de 0,50 €/hora, calculada en función do tempo total que o vehículo permanece no aparcamento.

Datos Requiridos

  • Para efectuar a reserva e xestionar a facturación, é necesario proporcionar os seguintes datos, os cales aparecerán na factura:
  • Matrícula do camión.
  • Nome e apelidos do condutor ou condutora.
  • Domicilio.
  • DNI ou CIF.
  • Configuración da tarxeta de crédito para procesar o pago mediante unha pasarela de pago segura.

Aceptación das normas

  • Ao realizar a reserva, o usuario debe ler e aceptar expresamente estas normas de uso.

Tempo de cortesía

  • O usuario dispoñerá de 10 minutos de cortesía para entrar e saír do aparcamento libremente en caso de incidente ou confusión.

Proceso de Reserva Anticipada e Rexistro

Reserva anticipada

  • Os usuarios tamén teñen a opción de realizar unha reserva previa para garantir o seu acceso ao aparcamento de camións.
  • A reserva xestiónase a través da aplicación móbil PVerde, dispoñible para descarga en www.poligonosancibrao.com.
  • Ao ter unha reserva previa, o acceso é automático cando o sistema recoñece a matrícula do vehículo.
  • O pago da reserva realízase por adiantado, polo tempo completo reservado. Non se realizarán reembolsos se o usuario decide saír do aparcamento antes de que finalice o seu reserva.
  • As reservas poderán cancelarse cun custo do 7% por xestión da pasarela de pago.
  • As reservas fanse por períodos de 24 horas.
  • Unha vez completado o tempo de reserva, o usuario debe abandonar o aparcamento ou, se o desexa, pode realizar unha nova reserva se hai prazas dispoñibles.

Bono mensual

  • Os usuarios poden adquirir un bono mensual a través da aplicación móbil PVerde, dispoñible para descarga en www.poligonosancibrao.com.
  • O pago deste bono efectúase no momento da compra a través da aplicación.
  • Durante o período de vixencia do bono mensual, o camión poderá entrar e saír do aparcamento de maneira libre e sen restricións adicionais.
  • Unha vez finalizado o período do bono mensual, o usuario deberá abandonar o aparcamento ou adquirir un novo bono mensual ou facer unha reserva anticipada para continuar utilizando o servizo.

Bono anual

  • Os usuarios tamén teñen a opción de adquirir un bono anual que se xestiona desde a aplicación PVerde, dispoñible en www.poligonosancibrao.com.
  • O custo deste bono cargarase automaticamente o primeiro día de cada mes.
  • Este bono anual ofrece comodidade e flexibilidade, permitindo ao usuario utilizar o aparcamento de forma continua sen necesidade de renovar mensualmente.
  • Durante a vixencia do bono anual, o camión terá acceso ilimitado para entrar e saír do aparcamento.

Tarifas

  • Todas as tarifas e ofertas estarán dispoñibles desde a aplicación PVerde que se poderá descargar desde a web, www.poligonosancibrao.com.

Seguridade

  • Videovixilancia: a área está videovixiada as 24 horas para garantir a seguridade dos usuarios.
  • Área cerrada: a área de camións está completamente pechada e protexida cun sistema de control de accesos para evitar o acceso non autorizado.
  • Iluminación: iluminación adecuada en todas as áreas para asegurar a visibilidade e seguridade durante a noite.
  • Roldas de seguridade aleatorias nocturnas.
  • En caso de incidente ou accidente no interior do aparcamento entre vehículos, deberán poñerse en contacto coas forzas e corpos de seguridade e comunicalo co teléfono de incidencias do aparcamento.
  • Velocidade máxima: a velocidade máxima dentro do aparcamento é de 10 km/h.

Protección de Xénero

Esta é a primeira área de camións que implementa medidas específicas de protección de xénero. Garantirase a seguridade de todas as persoas que accedan á área, con especial atención á protección das mulleres en tránsito.

Condicións especiais para mulleres:

  • Zona de aparcamento preferente.
  • Implementado o teléfono 016 de violencia de xénero no teclado da zona de mulleres para activar en caso de incidencias.
  • Disposición de produtos hixiénicos na zona de descanso.

Servizos dispoñibles

  • Baños, aseos e duchas: a área conta con baños, aseos e duchas dispoñibles para os usuarios.
  • Lavadoras automáticas: ofrécense servizos de lavadoras automáticas para a roupa, dispoñibles previo pago.
  • Bicicletas compartidas: os usuarios poderán utilizar bicicletas compartidas como medio de transporte para desprazarse desde a área de camións cara á cidade.
  • Zona de descanso.
  • Acceso a internet libre por rede wifi.
  • Venta de alimentos e bebidas.
  • TV gratuíta.
  • Servizo de limpeza.

Tarifas e pagos

Tarifa por hora

A área de camións ten un prezo por hora de estancia, que será cobrado de forma automática mediante a tarxeta de crédito rexistrada no sistema.

Pago automático

O pago realizarase automaticamente a través da pasarela de pago ao saír da área.

Normas de comportamento

  • Respecto e comportamento: os usuarios deberán manter un comportamento respectuoso cara aos demais e cara ás instalacións.
  • Queda prohibido facer ruídos estridentes durante a noite para garantir o descanso dos usuarios.
  • Responsabilidade do usuario: os usuarios son responsables de calquera dano que causen ás instalacións ou a outros vehículos durante a súa estancia.
  • Estacionamento: só permítese estacionar nos espazos designados e reservados.
  • Seguridade: os condutores deben seguir todas as indicacións de seguridade e sinalización dentro do aparcamento.

Prohibición de actividades ilícitas

  • Está estritamente prohibido o uso da área para actividades ilícitas ou perigosas.

Xestión de residuos

  • O usuario comprométese a manter a área de estacionamento limpa e libre de lixo, depositando este nas papeleiras habilitadas e respectando as zonas de uso común e privado.
  • Limpeza do centro: servizo de limpeza regular para manter a área ordenada e segura.

Condicións Adicionais

Modificacións das Normas

Estas normas poden ser modificadas pola administración do centro en calquera momento. Informarase os usuarios de calquera cambio con antelación.

Responsabilidade da Administración

A administración da área de camións non se fai responsable dos obxectos persoais deixados dentro dos vehículos.

Soporte Técnico e mantemento

Mantemento regular

Inspeccións periódicas para asegurar que todas as instalacións estean en bo estado.

Soporte técnico

Teléfono de contacto dispoñible, 673 692 043, para asistir problemas técnicos relacionados co sistema de acceso e reservas.

Aceptación de normas

Ao realizar a reserva e acceder á área de camións do Polígono San Cibrao de Ourense, o usuario acepta cumprir con todas as normas e condicións descritas anteriormente.

Procedimento para a retirada de vehículos avariados

O condutor do camión avariado deberá poñerse en contacto co teléfono de emerxencias para asegurar que as vías de entrada e saída queden libres, facilitando así o acceso do guindastre que se encargará da súa retirada.

Contacto e asistencia

  • Teléfono de emerxencia ou incidencias: 673 692 043
  • Oficina de administración: dispoñible de luns a venres de 8:00 a 19:00 excepto os meses de xullo e agosto nos que o horario será de 8:00 a 15:00 horas. 988383756
  • Correo electrónico: para consultas e soporte xeral. aparcamientocamiones@poligonosancibrao.com
  • Para calquera outra emerxencia chamar directamente ao 112.