Xa está dispoñible o novo calendario laboral para o vindeiro ano 2021.
Segundo o artigo 34.6 do Estatuto dos Traballadores, as empresas están obrigadas a expoñer un exemplar do mesmo nun lugar visible en cada centro de traballo.
O incumprimento desta obrigación constitúe unha infracción leve (artigo 6 Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social) sancionable cunha multa de 60 a 625 euros (artigo 40.1.a, do mesmo texto legal).
📌 Todas as nosas empresas asociadas, na parte privada desta mesma web, poderán acceder ao calendario laboral 2021.