Novas restricións e peche da hostalería en Ourense e San Cibrao das Viñas.

O DOG publica novas restricións para Ourense e San Cibrao das Viñas e pecha o sector da hostalería durante un mes.

O DOG publica as novas medidas de restrición impostas para determinados territorios de Galicia.

A continuación detallamos as restricións que AFECTAN Á PROVINCIA DE OURENSE E OS SEUS MUNICIPIOS LIMÍTROFES.

🚫 LIMITACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA DE PERSOAS EN DETERMINADOS TERRITORIOS desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020 ata as 15.00 horas do 4 de decembro de 2020:

  • Ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
  • Con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, quedará restrinxida a entrada e saída de persoas no ámbito territorial do concello do Carballiño e do ámbito territorial do concello de Verín.

📌 Excepcións:

  • Motivos sanitarios, laborais e de educación.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • Coidado de dependentes (maiores, menores, discapacitados…).
  • Entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo de territorios limítrofes.
  • Actuacións en organismos públicos.
  • Renovacións de permisos ou documentación oficial.
  • Exames ou probas inaprazables.
  • Forza maior.

🚫 LIMITACIÓN DE GRUPOS DE PERSOAS EN ESPAZOS PÚBLICOS E PRIVADOS nos concellos anteriormente mencionados. A partir das 00.00 horas do 7 de novembro de 2020 e ata as 15.00 horas do 4 de decembro de 2020 quedará limitada só a conviventes para os territorios enumerados anteriormente. Para o resto de concellos máximo 6 persoas excepto conviventes.

📌 Esta restrición non será de aplicación en caso de coidado de dependentes, actividades laborais, administrativas…

🚫 LIMITACIÓNS DE AFORO EN ESPAZOS PÚBLICOS nos concellos anteriormente mencionados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO. 50% do aforo.
DEPORTE. Individual, sen contacto físico. Grupal só conviventes.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. 50% do aforo. Individual e sen contacto físico.
CENTROS CÍVICOS E SOCIAIS. 50% do aforo. Máximo 6 persoas.
CONGRESOS, REUNIÓNS DE NEGOCIO, ENCONTROS, CONFERENCIAS. 50% do aforo. Máximo 30 persoas lugares pechados e 75 ao aire libre.
COMERCIO. 50% do aforo. Máximo 30 persoas lugares pechados e 75 ao aire libre.

🚫 SUSPÉNDENSE TEMPORALMENTE As SEGUINTES ACTIVIDADES ECONÓMICAS nos concellos anteriormente mencionados, a partir das 00.00 horas do día 7 de novembro de 2020 e ata as 15.00 horas do día 4 de decembro de 2020:

  • ESPECTÁCULOS PÚBLICOS.
  • ACTIVIDADES RECREATIVAS.
  • ESTABLECEMENTOS ABERTOS Ao PÚBLICO.
  • ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN:
    • RESTAURANTES.
    • SALÓNS DE BANQUETES.
    • CAFETERÍAS.
    • BARES.

📌 Poderán prestar servizos exclusivos de entrega a domicilio ou recollida no local para consumo en domicilio.

📌 Os establecementos de restauración en centros sanitarios ou de traballo que limiten a actividade aos seus traballadores ou, no caso de centros sanitarios, aos acompañantes de enfermos, poderase manter o servizo de cafetería, bar e restaurante co 50% do aforo e uso único de mesa cun máximo de 6 persoas por mesa sempre que sexan conviventes.