Segundo a Resolución do 11 de novembro publicada no BOE, desde o 23 de novembro todos os pasaxeiros internacionais que cheguen a España por vía aérea ou marítima deberán someterse a un control sanitario antes da entrada no país.
- Toma de temperatura. Límite ≥37´5°.
- Control documental: «Formulario de Control Sanitario» a través do ministerio de sanidade ou da aplicación Spain Travel Health- SpTH.
- Control visual sobre o estado do pasaxeiro.
Establécese ademais unha listaxe de países ou zonas de risco desde os cales será imprescindible dispoñer dunha PROBA DIAGNÓSTICA CON RESULTADO NEGATIVO para SARS- CoV-2 realizada nas 72 horas previas á chegada a España:
- UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chequia, Chipre, Croacia, Dinamarca (excepto as Illas Faroe e Greenland), Eslovenia, Estonia, Francia, Grecia (excepto as rexións de Kitri, Ionia Nisia, Dytiki Ellada e Sterea Ellada), Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega (excepto as rexións de Rogaland, Mø re og Romsdal, Nordland, Viken, Innlandet, Vestfold og Telemark, Agder, Vestland, Trø ndelag e Troms og Finnmark). Países Baixos, Polonia, Portugal (excepto a rexión autónoma das Illa Azores), Romanía, Suecia, Liechtenstein, Eslovaquia.
- Terceiros países: Albania, Andorra, Arxentina, Armenia, Aruba, Bahréin, Belice, Bosnia e Hercegovina, Cabo Verde, Colombia, Costa Rica, Emiratos Árabes Unidos, Estados Unidos de América, Federación Rusa, Xeorxia, Xibraltar (Reino Unido), Guam, Xordania, Kuwait, Líbano, Libia, Macedonia do norte, Marrocos, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Palestina, Panamá, Polinesia Francesa (Francia), Porto Rico, Reino Unido, San Mariño, San Martín, Serbia, Suíza, Tunes, Ucraína.