O luns 28 de decembro de 2020, o BOP publicaba a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, I.B.I., no concello de San Cibrao das Viñas.
A nova publicación da Ordenanza modifica o artigo 7 sobre a cota tributaria.
O novo tipo de gravame para os bens inmobles urbanos será do 0,47%, o que significa unha rebaixa do 0,03% no I.B.I. actual.
Dita modificación entra en vigor o martes 29 de decembro e comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2021.
🔏 Accede á publicación do BOP, na área privada de socios.