Novas restricións en Galicia

O DOG publica as novas restriccións en Galicia, permitindo a apertura da hostelería de xeito gradual segundo o nivel de contaxios de cada municipio.

A Xunta de Galicia publica no DOG, na tarde do xoves 3 de decembro, as novas restricións que afectan a toda a nosa comunidade, a partir da media noite do venres 4 de decembro.

Estas novas medidas permitirán abrir ao sector da hostalería de forma gradual, dependendo de cada municipio e do seu nivel de contaxios.

OURENSE Y SAN CIBRAO DAS VIÑAS

  • 50% do aforo no interior.
  • 75% en terrazas.
  • Máximo 6 persoas.
  • Horario ata as 23.00 horas.

🚶‍♂️🚶‍♀️ REUNIÓNS SOCIAIS. Máximo de 6 persoas, sexan ou non convivintes.

🚗 MOBILIDADE. Permítese a total mobilidade de persoas entre municipios, excepto con aqueles que se atopan pechados perimetralmente.

Actualmente, na nosa provincia, atópanse pechados perimetralmente os municipios de Xinzo de Limia e Ribadavia.


GALICIA

🚫 PECHE DA COMUNIDADE durante o ponte da constitución. Blíndase Galicia de forma perimetral, salvo causa debidamente xustificada, desde o 4 ao 9 de decembro.

🚗 MOBILIDADE NOCTURNA. Salvo causa xustificada, mantense a prohibición de circular entre as 23.00 e as 6.00 horas.


📌 Información oficial no DOG 👉 aquí.