Publicadas as novas restricións en toda a comunidade galega, efectivas a partir das 00.00 horas do venres 15 de xaneiro de 2021.
🚫 NOVAS RESTRICIÓNS APLICABLES EN TODA GALICIA.
- Limitación da mobilidade nocturna, entre as 22.00 e as 6.00 horas.
- Comercio. Peche ás 21.30 horas.
- Hostalería. Peche ás 18.00 horas.
- Reunións públicas e privadas. Máximo de 4 persoas. Recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e limítese unicamente á unidade de convivencia.
- Centros comerciais. Inhabilitados os espazos comúns.
🚫 NOVOS NIVEIS DE RESTRICIÓN.
Nivel Máximo.
- Hostalería. Peche ás 18 horas. Só terrazas 50%.
- Comercio. Peche ás 21.30 horas. Aforo interior 50%.
- Reunións públicas e privadas. Máximo 4 persoas.
- Movilidad. Péchanse os municipios de forma individual, prohibindo a entrada e saída fóra dos mesmos sen causa xustificada.
Nivel Medio-Alto.
- Hostalería. Peche ás 18 horas. Aforo interior 30%. Aforo terrazas 50%.
- Comercio. Peche ás 21.30 horas. Aforo interior 50%.
- Reunións públicas e privadas. Máximo 4 persoas.
- Movilidad. Permítese a circulación entre municipios que se atopen dentro deste nivel de restricións..
🚫 DISTRIBUCIÓN DE LOCALIDADES AFECTADAS POLO PECHE PERIMETRAL de forma individual.
Concellos que se atopan en NIVEL MÁXIMO de restricións.
- A CORUÑA. A Coruña, Ames, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Boiro, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cee, Cerceda, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, Melide, Narón, Noia, Oleiros, Oroso, Ortigueira, Outes, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santiago de Compostela, Trazo, Val do Dubra e Vimianzo.
- LUGO. Lugo, Vilalba, Viveiro e Xove.
- OURENSE. Allariz, Barbadás, Monterrei, O Carballiño, Ourense, Verín e Xinzo de Limia.
- PONTEVEDRA. A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cuntis, Moaña, Oia, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
O resto de concellos de Galicia, entre os que se atopa San Cibrao das Viñas, atópanse en NIVEL MEDIO-ALTO de restricións.