Peche da hostalería en Galicia e limitación de mobilidade ata o 17 de febreiro

O comité clínico de Galicia pecha a hostalería e restrinxe as reunións sociais só a conviventes.

O DOG publicaba durante a noite do martes 26 de xaneiro, a Orde e Decreto a través dos cales se rexerán todos os galegos a partir das 00.00 horas do mércores 27 de xaneiro e ata o 17 de febreiro ás 00.00 horas.

PECHE PERIMETRAL de todos os municipios galegos de forma individual, quedando restrinxida a entrada e saída de persoas do seu ámbito territorial, excepto nos seguintes casos. Así como o peche da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Sanitarios.
  • Laborais, empresariais, sindicais…
  • Asistencia a centros educativos, incluídas escolas infantís.
  • Retorno á residencia habitual.
  • Coidado de dependentes.
  • Desprazamento a entidades financeiras, de seguros ou estacións de servizo.
  • Actuacións urxentes #ante órganos públicos.
  • Renovación de documentación oficial inaprazable.
  • Realización de exames oficiais.
  • Coidado de animais ou hortas.
  • Asistencia a academias, autoescolas, centros privados de ensino e formación.
  • Desprazamentos a establecementos comerciais de alimentación, bebidas, e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
  • Forza maior ou necesidade.

👪 REUNIÓNS SOCIAIS. Só conviventes, excepto:

  • Persoas que vivan soas, poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada.
  • Menores de idade cos seus proxenitores.
  • Matrimonios que non convivan.
  • Coidado de dependentes.
  • Actividades laborais, empresariais, sindicais…
  • Actividades en academias, autoescolas, centros privados de ensino e formación.
  • Forza maior ou necesidade.

📅 MOBILIDADE NOCTURNA. Mantense o toque de queda desde as 22 horas ata as 6 horas.

🏃‍♀️ DEPORTE AO AIRE LIBRE. Realizarase de xeito individual e sempre con máscara, mesmo para correr.

🛍 COMERCIO.

  • NON ESENCIAL. Permanecerán pechados a partir das 18.00 horas. 50% do aforo.
  • ESENCIAL. Permanecerán pechados a partir das 21.30 horas.
  1. supermercados e tendas de alimentación varias,
  2. estacións de servizo,
  3. ortopedias e artigos médicos,
  4. farmacias,
  5. comercio de alimentos para animais.

🏬 CENTROS COMERCIAIS. Permanecerán pechados as fins de semana e festivos e deberán cumprir cos horarios de peche establecidos.

👨‍🏫 ACTIVIDADES EN ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E FORMACIÓN. 50% do aforo.

🛎 HOTEIS. 50% do aforo. Servizo de restauración só para clientes aloxados.

🙍‍♂️🙎‍♀️🙎‍♂️ REUNIÓNS LABORAIS, INSTITUCIONAIS, ACADÉMICAS Ou PROFESIONAIS. 30% do aforo. Máximo de 30 persoas en lugares pechados e 75 en abertos.

🚗 TRANSPORTE. Poderán desprazarse persoas que traballen xuntas no mesmo vehículo, só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, ou para que os menores poidan acudir aos centros de ensino. Deberán usar todas as persoas máscara e só permítese dúas persoas por fila de asentos.

🚕 TAXIS. Non poderá usarse o asento dianteiro, e non poderán desprazarse nun mesmo vehículo persoas que non sexan conviventes. Uso obrigatorio de máscara.

🚫 PECHE TEMPORAL DAS SEGUINTES ACTIVIDADES.

  • Espectáculos públicos.
  • Actividades recreativas.
  • Establecementos de espectáculos públicos.
  • Establecementos de actividades recreativas, deportivas, atraccións e xogos recreativos, culturais e sociais.
  • Establecementos de entretemento.
  • Escolas de idiomas.
  • Escolas de arte, música e danza.
  • Conservatorios.
  • Centros de deporte e arte.
  • Establecementos de restauración:
  • Restaurantes.
  • Salóns de banquetes.
  • Cafeterías.
  • Bares.

HOSTALERÍA. Só permítese o servizo de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local para consumo a domicilio. Poderá realizarse ata as 24.00 horas.

  • Establecementos de restauración en centros de traballo non poderán superar o 50% do aforo e sentados en mesas debidamente separas cun máximo de 4 persoas traballadoras ou conviventes en cada unha delas.

🏫 UNIVERSIDADE. Suspendidas as clases universitarias ata o 8 de febreiro, comezando a facelo por videoconferencia desde o 8 ao 17 de febreiro.

💻 ACCESO Ó DECRETO PUBLICADO NO DOG.

💻 ACCESO Á ORDE PUBLICADA NO DOG.