📌 Esta resolución surte efectos a partir do 20 de febreiro de 2021.
👉 Enlace ó procedemento e 👉 normativa.
A partir do día 20 de febreiro, as empresas do sector hostaleiro e turístico poderán solicitar a exención no canon da auga e coeficiente de vertedura.
Beneficiarios.
- Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.
- Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
- Hoteis e aloxamentos turísticos.
- Albergues turísticos.
Requisitos. Sufrir unha diminución significativa da actividade, entendéndose como tal:
- Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo, realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020.
- Os rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico, despréndase unha diminución da actividade no período de vixencia da exención de, polo menos, o 75% respecto da actividade desenvolvida no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020.
Período de exención. Entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego. Acordo do @Consello de la Xunta do 13 de marzo de 2020.
Presentación de solicitudes. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic aquí