II plan de rescate para autónomos e microempresas

Novo plan de rescate, destinado a autónomos e microempresas galegas, afectadas pola crise xerada pola pandemia da COVID-19.

personas trabajando en una oficina de asesoramiento

Convocado un segundo plan de axudas destinadas a persoas traballadoras autónomas e microempresas afectadas pola crise do COVID-19.

📌 Presentación de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia facendo clic 👉 aquí e indicando o código de procedemento que corresponda.

📌 Prazo de presentación de solicitudes: un mes desde mañá 19 de febreiro de 2021.

📌 Acceso directo ao DOG.

PROGRAMA I. APOIO Ás PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS ( TR500A)

Beneficiarios:

  • Autónomos de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, que teñan o domicilio fiscal en Galicia incluídos os autónomos societarios que tivesen un alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de polo menos o 45%.
  • Autónomos de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de 4 meses e máximo de 9 meses, nos anos 2018 e 2019.

Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias, fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pago do anticipo concedido (con condicións).

Importe das axudas. A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

  • 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
  • 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  • 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas no apartado anterior.

PROGRAMA II. APOIO A MICROEMPRESAS PARA O MANTEMENTO DO EMPREGO E DA ACTIVIDADE ECONÓMICA (TR500 B)

Beneficiarios:

  • Microempresas e persoas traballadoras autónomas, que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.
  • Empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación non superior a 2 millóns de euros no último ano no que se presentasen contas e que acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %. No caso das pemes pertencentes á canle de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os 5 millóns de euros.

Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pago do anticipo concedido (con condicións).

Importe das axudas. A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

  • 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
  • 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  • 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.