O xoves 18 de febreiro de 2021 ás 12:00 horas, a través da aplicación Zoom, a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao e ADV organizan unha nova sesión técnica sobre as novidades laborais, mercantís e financeiras para este novo ano 2021.
A xornada contará cos relatores José Antonio Méndez Fernández-Kelly e Marta López López do Grupo ADV.
Ambos tratarán as claves laborais, mercantís e financeiras para o 2021. Os ERTEs, a nova Lei de Orzamentos Xerais do Estado, a regulación do teletraballo ou as diferentes ferramentas de xestión en contornas de crise, son algunhas das cuestións que se tratarán durante a xornada técnica.