A Xunta de Galicia pon en marcha desde as 00.00 horas do 26 de febreiro, un novo plan para o sector da hostalería. PLAN DE HOSTALERÍA SEGURA. Esta nova folla de roteiro baséase en tres piares fundamentais: SEGURIDADE, RASTREXO e CONTROL.
Deste xeito, os establecementos de hostalería da comunidade galega deberán cumprir cos seguintes requisitos.
CARTELERÍA
De fácil lectura no interior e terraza, preferentemente na porta de entrada, onde consten:
- capacidade máxima permitida en condicións normais,
- porcentaxe máxima de uso interior/exterior establecido polas autoridades sanitarias,
- capacidade máxima permita en cada momento polas autoridades sanitarias.
Deberanse utilizar os modelos de cartel postos a disposición nesta 👉 web, aínda que aínda non están dispoñibles.
CÁLCULO DE AFOROS INTERIORES DOS ESTABLECEMENTOS
Cálculo da capacidade interior do establecemento. Superficie interior (m²) excepto aseos, barra e zona interior da barra, entre 1,5. Datos obtidos da licenza municipal.
Cálculo da capacidade exterior do establecemento. Superficie da terraza establecida na licenza ou título municipal correspondente.
A estes cálculos aplicaráselle a porcentaxe máxima de uso que se estableza en cada momento pola autoridade sanitaria.
MOBILIARIO
- as mesas e cadeiras montadas deberán corresponder cos aforos permitidos en condicións normais, procederase a inutilizarlos mediante bandas ou adhesivos,
- as mesas e cadeiras deberán respectar en todo momento as distancias mínimas de separación previstas pola autoridade sanitaria.
CÓDIGO QR
- O titular do establecemento deberá obter un código QR a través desta 👉 web co cal os clientes do establecemento poden rexistrar a súa presenza nel.
- Esta obrigación terá efectos desde as 00.00 horas do día 12 de marzo de 2021.
La obtención del código QR está todavía pendiente por actualizar en la página web de la Xunta de Galicia.
CONTROL E INSPECCIÓN
- Actuacións de control e inspección por parte da Administración.
- Coa colaboración das forzas e corpos de seguridade controlarase que os negocios de hostalería informan e respectan o límite de aforo, cumpren os horarios de apertura e peche, así como as demais medidas de prevención, como manter a distancia mínima de seguridade ou o uso obrigatorio da máscara.