Convocadas novas subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social).
PROGRAMAS DE AXUDAS:
Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (código de procedemento TR802 G)
- Obxectivo: establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
- Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000,00 euros con carácter xeral.
- A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade será de 67.500,00 euros.
Fomento do acceso á condición de persoa socia (código de procedemento TR802 J)
- Obxectivo: acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.
- A contía da subvención dependerá das circunstancias da persoa ou persoas beneficiarias.
Presentación de solicitudes a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, accede desde esta 👉 ligazón.
📌 Prazo de presentación de solicitudes aberto desde o 9 de febreiro ata o 30 de setembro de 2021.