O xoves 18 de febreiro ás 12.00 horas celebrábase de forma telemática unha nova xornada técnica sobre as novidades laborais, mercantís e financeiras deste ano 2021.
No ámbito laboral, o relator de ADV Grupo, José Antonio Menéndez Fernández-Kelly informaba da regulación nos convenios colectivos e no teletraballo; as claves no mantemento do emprego e as novidades que podemos esperar nos Orzamentos Xerais do Estado.
En canto ao ámbito mercantil e financeiro, Marta López López de ADV Grupo, instruíu aos presentes sobre as prórrogas dos préstamos ICO, as reunións telemáticas de órganos colexiados de sociedades, ou sobre o chamado “ pre- pack”, isto é, a posibilidade de venda da unidade produtiva antes dun concurso.
Finalmente, ambos os especialistas en lexislación laboral e mercantil, responderon as preguntas que foron xurdindo na rolda de debate, na que os asistentes resolveron dúbidas.