Instrucións para obter o cartel de hostalería segura

Instrucións para a descarga de cartelería, con códigos QR, obrigatoria para os establecementos de hostalería de Galicia.

A Xunta de Galicia pon en marcha un novo Plan de hostalería Segura.

Para o seu cumprimento, os hostaleiros de Galicia deberán cumprir coa obrigación de dispoñer de carteis informativos con códigos QR, ❗ a partir das 00 horas do día 12 de marzo de 2021.

Deste xeito, esta nova cartelería permitirá á clientela rexistrar a súa presenza no establecemento e axudar así, a detectar posibles concentracións de contagios con maior rapidez.

👉 Accede desde aquí ao manual elaborado pola Xunta de Galicia para o rexistro completo ou bota unha ollada ás seguintes instrucións.


PASOS PARA A DESCARGA DA CARTELERÍA CON CÓDIGOS QR

1º. ACCEDER Á WEB de 👉 TURESPAZO

2º. DARTE DE ALTA como Novo usuario (en caso de non telo activado con anterioridade).

3º. REXISTRO DE NOVO USUARIO cubrindo os datos persoais e a Sinatura do teu establecemento.

A Sinatura do teu establecemento atoparala no Libro de Inspección da Consellería de Turismo que deberás ter na túa posesión como propietario dun establecemento hostaleiro. Exemplo de código V- OR-4444

4º. Unha vez rexistrado, entrar novamente na web TURESPAZO, a través do correo electrónico e o contrasinal facilitado polo mesmo medio.

5º. Facemos clic sobre o nome do establecemento.

6º. Facemos clic sobre a Declaración de capacidade máxima.

7º. Cubrimos os datos relativos a:

  • Superficie útil total, dos aseos, da barra e interior de barra.
  • Automaticamente xerarase o dato correspondente á capacidade máxima interior en condicións normais.
  • Porcentaxe de uso máximo no interior. En caso de establecementos do municipio de San Cibrao das Viñas e Ourense indicarase 30%.
  • Automaticamente xerarase a capacidade máxima de persoas nas condicións actuais.

8º. Ao finalizar, GARDAR E XERAR CARTEIS.

9º. Os carteis xa están xerados en tres idiomas, para interior e exterior.


PASOS PARA O ESCANEO DO CÓDIGO QR POR PARTE DOS CLIENTES

Os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza no mesmo mediante o código QR, o que axudará a detectar posibles concentracións de contagios con maior rapidez.

1º. Ter instalada a aplicación 👉 PassCOVID.

2º. Abrir a aplicación e acceder á cuarta icona.

3º. Pulsar no apartado Código QR.

4º Escanear o código QR dos carteis descargados con anterioridade.

5º Pulsar en Rexistra a miña estadía.