A hostalería amplía o seu horario para partir do 19 de marzo

La hostelería gallega amplía su horario de atención al público y modifica levemente sus aforos en las últimas restricciones publicadas por la Xunta.

Acceso ó boletín oficial.

O Diario Oficial de Galicia publicaba a tarde do mércores 17 de marzo, as novas medidas para a prevención da COVID-19 e que entrarán en vigor a partir das 00 horas do 19 de marzo.

Entre as restricións máis destacadas, o alivio ao sector hostaleiro, que poderán permanecer abertos ata as 21.00 horas.

🚗 Permitida a mobilidade total en toda Galicia, excepto nos concellos de máximas restriccións (Vilardevós, Paradela e Maside) que non poderán saír nin entrar do perímetro sen causa xustificada.

🔵 Galicia continua pechada perimetralmente con toque de queda entre as 22.00 e as 6.00 horas.

🏠 Prohibidas as reunións de non conviventes en domicilios particulares. As reunións sociais limítanse a un máximo de 6 persoas en exterior e 4 en interior, fóra dos municipios que se atopan en nivel máximo.

🛒 COMERCIO. 50% do aforo. Peche ás 21.30 horas.

👚 CENTROS Ou PARQUES COMERCIAIS. 30% do aforo. Peche ás 21.30 horas.

👨‍🏫 ACADEMIAS, AUTOESCOLAS, CENTROS PRIVADOS DE FORMACIÓN. 50% do aforo.

👩‍💼 REUNIÓNS PROFESIONAIS, LABORAIS. 30% do aforo en todos os territorios, excepto nos concellos en nivel medio-baixo que se amplía ata o 50% de capacidade. Os límites de aforo, en calquera caso, serán de máximo 75 persoas en lugares pechados e 150 ao aire libre. En canto á distribución dos niveis de restrición por concellos, destacamos:

🔴 RESTRICIÓN MÁXIMA.

Vilardevós, Paradela e Maside.

  • Mantéñense as restricións actuais.
  • REUNIÓNS SOCIAIS. Prohibidas.
  • HOSTALERÍA. Pechada.
  • DEPORTE. Só de forma individual ou con persoas conviventes, e con máscara.

🟠 RESTRICIÓN ALTA.

Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

  • HOSTALERÍA. Só terrazas con aforo do 50% ( máx. 4 persoas por mesa), e ata as 21.00 horas.
  • DEPORTE. Máximo de seis persoas, sexan ou non conviventes. En instalacións pechadas poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sen contacto físico, con máscara e aforo do 30%.

🟡 RESTRICIÓN MEDIA.

Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles.

  • HOSTALERÍA. Interior do local con aforo do 30% ( máx. 4 persoas por mesa), terrazas con aforo do 50% ( máx. 6 persoas por mesa) e ata as 21.00 horas.
  • DEPORTE. Máximo de seis persoas. En instalacións pechadas poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sen contacto físico, con máscara e aforo do 30%.

🟢 RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA.

Resto de concellos de Galicia.

  • HOSTALERÍA. Interior con aforo do 50% ( máx. 4 persoas por mesa), terrazas con aforo do 75% ( máx. 6 persoas por mesa) e ata as 21.00 horas.
  • DEPORTE. Máximo de seis persoas. En instalacións pechadas poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sen contacto físico, con máscara e aforo do 50%.