O BOE do 3 de marzo recollía nunha Orde do Ministerio de Sanidade a través da cal se establecen as condicións de corentena á que deben someterse as persoas procedentes de países de risco durante esta situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Deste xeito, deberán gardar corentena de dez días ou durante a súa estancia en España se esta é de menor prazo, as persoas procedentes de:
- Brasil,
- Sudáfrica,
- Botsuana,
- Comoras,
- Ghana,
- Quenia,
- Mozambique,
- Tanzania,
- Zambia,
- Zimbabue,
- Perú e,
- Colombia.
Esta corentena de dez días pode finalizar antes se, ao sétimo día, a persoa dá negativo nunha proba diagnóstica das aceptadas.
Mentres se atopen en corentena, as persoas só poden abandonar o seu domicilio ou aloxamento para adquirir alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade, para asistir a centros, servizos e establecementos sanitarios ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. As autoridades sanitarias poderán contactar coas persoas en corentena para realizar o seu seguimento, así como as forzas e corpos de seguridade do Estado poden realizar as comprobacións oportunas sobre o seu cumprimento.
Establécese tamén nesta Orde a obrigación das axencias de viaxe, operadores de turismo e compañías de transporte de informar destas medidas aos viaxeiros ao comezo do proceso de venda dos billetes con destino a territorio español.
📌 Esta Orde fornecerá efectos desde as 00.00 horas do 8 de marzo de 2021.