Publicada no DOG, a resolución para a concesión da tarxeta BONO TURÍSTICO # QuedamosenGalicia21.
Trátase dunha tarxeta prepago, que o solicitante poderá utilizar nos establecementos adheridos ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
Listados de establecementos adheridos 👉 Axencia Turismo de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio de Galicia. Non poderán ser beneficiarias as persoas que gozaron do bono na súa anterior edición.
Importe: o importe total da tarxeta será financiado polo beneficiario nun 40% e, pola administración autonómica nun 60%.
- Tarxeta de 500 € (300 € Xunta – 200 € particular).
- Tarxeta de 375 € (225 € Xunta – 150 € particular).
- Tarxeta de 250 € (150 € Xunta – 100 € particular).
Vixencia do programa: ata o 15 de decembro de 2021, data ata a que os beneficiarios da tarxeta prepago poderán realizar pagos nos establecementos adheridos.
Presentación de solicitudes: na Sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo o código de procedemento O TU985D.
📌 Prazo de presentación de solicitudes aberto desde mañá 14 de abril ata o día 1 de novembro de 2021.