A Xunta de Galicia abre a convocatoria e ao prazo para a adhesión de comercios aos Bonos Activa Comercio.
Trátase dun bono de 30 euros destinado a persoas físicas maiores idade e residentes en Galicia, que poderá ser utilizado nos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo galegos adheridos ao programa.
INFORMACIÓN PARA USUARIOS DO BONO
Para solicitar o bono, cada usuario deberá darse de alta na web Bono Activa Comercio (bonosactivacomercio. gal).
Estes estarán activos para a súa descarga a partir do día 3 de maio de 2021 e terán unha validez de 3 meses. O seu formato será dixital a través dun código QR e poderase utilizar coa APP Wallet.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
- desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €,
- desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
INFORMACIÓN PARA ADHESIÓNS DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS
Os establecementos comerciais que desexen adherirse ao programa deberán rexistrarse a través da web posta a disposición pola Xunta de Galicia. O prazo de adhesión estará aberto ata o 14 de maio de 2021.
Os requisitos para ser establecemento adherido serán:
- ser autónomo ou pequena e mediana empresa,
- dado de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da orde,
- e que desenvolva a súa actividade comercial en Galicia.