A Xunta de Galicia publica no DOG unha nova convocatoria de axudas económicas para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables, mediante a instalación de equipos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións que utilicen como fonte enerxética a geotermia, aerotermia e a solar térmica.
Beneficiarios. Entidades locais, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.
Conceptos subvencionables.
- Equipamento principal de xeración de enerxía.
- Accesorios de instalación.
- Custo do sistema de almacenamento de combustible.
- Montaxe e conexionado.
- Sistema de captación do recurso geotérmico.
- Rede de distribución da enerxía térmica.
Contía da axuda: 80% para entidades locais e sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) e 50% para empresas.
A contía máxima da axuda será de 250.000 euros. En proxectos de aerotermia e geotermia, a axuda máxima será de 100.000 euros e en solar térmica de 15.00 euros. Máximo por beneficiario de 500.000 euros.
Lugar de presentación de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic aquí, e introducindo o código de procedemento no buscador IN421 G.
Prazo de presentación de solicitudes: desde mañá mércores 26 de maio e durante un mes.
Mais información sobre axudas e subvencións en vigor, na área privada de socios.