Como consecuencia do fin do estado de alarma en España, as comunidades autónomas dispoñerán de forma independente, as diferentes restricións sociais e de mobilidade, previa autorización do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade.
En canto a aquelas persoas que cheguen á nosa Comunidade Autónoma, estas deberán comunicar a súa chegada á mesma a través dos formularios xa establecidos, podendo ser sometidas a unha proba diagnóstica ou aquelas recomendacións que as autoridades sanitarias consideren oportunas.
Así mesmo, levántase o peche perimetral da Comunidade Autónoma de Galicia, pero mantéñense os niveis de restrición por concellos, dependendo, como ata o de agora, do nivel de incidencia do virus en cada momento.
Situación das restricións en Galicia a partir do domingo 9 de maio.
🔴 MÁXIMO: Cambados, Cualedro, Laza, Padrón e Vilanova de Arousa.
- Peche perimetral.
- Non se pode entrar nin saír destas localidades sen causa xustificada.
- Toque de queda entre as 23.00 e as 6.00 horas.
- Hostalería pechada.
- Prohibidas reunións de non conviventes.
- Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.
🟠 ALTO: Coristanco, Gondomar, A Laracha, Marín, A Merca, Mesía, A Pastoriza, Ribeira e Salceda de Caselas. Liberdade na mobilidade.
- Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
- Hostalería só servizo en terraza ao 50% e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
- Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
- Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
- Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.
🟡 MEDIO: Allariz, Ames, Betanzos, Cambre, Cangas, Carballeda de Valdeorras, Carballo, Cerdedo- Cotobadde, Chantada, Fornelos de Montes, Lalín, Meira, Melide, Muiños, Noia, Nigrán, Ordes, O Porriño, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño, Tui, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia.
- Liberdade na mobilidade.
- Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
- Hostalería ao 30% no interior e ao 50% en terraza e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
- Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
- Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
- Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.
🟢 MEDIO-BAIXO: resto de concellos.
- Liberdade na mobilidade.
- Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
- Hostalería ao 50% no interior e ao 70% en terraza e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
- Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
- Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
- Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 50% do establecemento.
💻 O Sergas pon a disposición este mapa interactivo, desde o cal poderás consultar en todo momento o nivel de incidencia de cada concello e as restricións que lle afectan.