Os alumnos de primaria e secundaria dos colexios CEIP Vicente Risco, CEIP Saco e Arce, CPR Plurilingüe Santo Anxo e IES As Lagoas coñeceron de primeira man o polígono San Cibrao e as súas empresas durante os últimos meses.
Este ano e, debido á pandemia, dunha forma diferente e educativa tamén para todos, por videoconferencia.
O programa, enmarcado dentro do Plan EduEmprende que promove a Xunta de Galicia, está concibido para divulgar a cultura empresarial e fomentar o espírito emprendedor como motor da innovación, a competitividade e o crecemento económico. Os alumnos aprenderon sobre diversos aspectos do asociacionismo empresarial e a importancia da creación de emprego.
Unha vez finalizado o período de visitas e encontros virtuais, elaboraron os seus propios proxectos, onde botaron a voar a súa imaxinación e a súa ambición por crear os seus propios centros de traballo no Polígono San Cibrao.
Finalmente e, durante a mañá do xoves 17 de xuño, os alumnos coas propostas de negocios máis innovadoras e emprendedoras recibiron un premio durante o acto telemático de clausura do programa Eduemprende 2020/21.
Premiados Eduemprende Atréveche 2020-2021
Delia González Xusto de 6º Primaria do CEIP Vicente Risco, recibe o premio polo seu proxecto Magic Bottle.
A idea de negocio de Delia é a fabricación dunha botella exclusiva con diferentes tipos de auga e temperaturas, ao gusto do consumidor.
Xoana Álvarez Fernández 6º Primaria CEIP Saco e Arce, recibe o premio polo seu proxecto Máscaras parasoles.
Xoana creou un proxecto consistente na fabricación de parasoles tras a reciclaxe de máscaras.
Sergio Pérez Merino 2º ESO CPR Plurilingüe Santo Anxo, recibe o premio polo seu proxecto Cueiros intelixentes Coscos.
A proposta de Sergio consiste na fabricación de cueiros que detecten a través dunha pulseira intelixente se están limpos ou sucios.
Pablo Murias Fernández 1º ESO IES As Lagoas, recibe el premio por su proyecto Climbing sport centre Ourense.
La empresa de Pablo se dedicaría a la escalada y diferentes modalidades de deportes en el Polígono San Cibrao.