O DOG do venres 11 de xuño publica a nova Orde a través da cal se convocan as novas axudas directas a autónomos, profesionais e empresas en Galicia, de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.
O prazo de presentación de solicitudes abarca desde o luns 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021.
As empresas e autónomos solicitantes deberán manter a actividade ata o 30 de xuño de 2022, non repartir dividendos durante os anos 2021 e 2022 e, non aprobar incrementos nas retribucións da alta dirección durante 2 anos.
PROGRAMA I. Apoio a autónomos en estimación obxectiva
Beneficiarios: autónomos, empresarios ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva.
Requisitos:
- actividades incluídas no CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo ou,
- que acredite unha caída do volume de operacións dun 40% ou máis comparando o ano 2020 co 2019.
Gastos subvencionables: pago de débedas a provedores, outros acredores e débeda de custos fixos nos que se incorreu.
Importe: máximo de 3.000 euros.
Lugar de presentación de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic 👉 aquí, e introducindo o código de procedemento TR600A.
PROGRAMA II. Apoio a autónomos individuais e empresas con ata 10 ou 25 traballadores.
Beneficiarios: autónomos con 10 ou menos traballadores ou empresas de ata 25 traballadores con volume de facturación de ata 2 millóns de euros no exercicio 2020.
Requisitos:
- actividades incluídas no CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo,
- que acrediten unha caída do volume de operacións de máis dun 30% ou,
- que acrediten unha caída dun 40% ou máis para as actividades que non se inclúan no anexo anterior.
Gastos subvencionables: pago de débedas a provedores, outros acredores e débeda de custos fixos nos que se incorreu.
Importe:
- 6.000 euros para caídas de entre 30% e 60% do volume de operacións;
- 7.000 euros para caídas entre o 60% e o 70% e;
- 8.000 euros para máis do 70%.
- Estas cantidades incrementaranse ata 3.000 euros en función do número de traballadores da empresa.
Lugar de presentación de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic 👉 aquí, e introducindo o código de procedemento TR600 B.
PROGRAMA III. Apoio a autónomos ou empresas con máis de 10 ou 25 traballadores.
Beneficiarios: autónomos con máis de 10 traballadores e volume de facturación de máis de 2 millóns de euros no exercicio 2020 ou empresas con máis de 25 traballadores.
Requisitos:
- para actividades incluídas no CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo que acrediten unha caída do volume de operacións de máis dun 30%,
- ou dun 40% ou máis para as actividades que non se inclúan no anexo anterior.
Gastos subvencionables: pago de débedas a provedores, outros acredores e débeda de custos fixos nos que se incorreu.
Importe:
- 10.000 euros para caídas de entre 30% e 60% do volume de operacións;
- 12.000 euros para caídas entre o 60% e o 70% e;
- 15.000 euros para máis do 70%.
- Estas cantidades incrementaranse ata 15.000 euros en función do número de traballadores da empresa.
Lugar de presentación de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic 👉 aquí, e introducindo o código de procedemento TR600 C.