O DOG do martes 20 de xullo publica a 👉 Orde, a través da cal se aproban dous novos programas de axudas para o fomento do emprego.
Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da 👉 sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento correspondente TR807I ou TR340E.
Para máis información ou consultas podes poñerche en contacto a través do teléfono de información da Xunta de Galicia ☎ 012.
PROGRAMA I. FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN. TR807I.
Beneficiarios. Empresas privadas, calquera que sexa a súa forma xurídica. Excepto persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas e laborais.
Condicións. Empresas de nova creación viables, que xeren emprego estable para persoas desempregadas con domicilio en Galicia. Capital social máximo de 120.202 euros.
Tipos de axuda.
- Subvención á xeración de emprego estable (2.0009.000 euros),
- para formación (máximo de 3.000 euros),
- para inicio de actividade (2.0009.000 euros) e,
- para a conciliación (máximo de 3.000 euros).
Prazo de presentación ata o 20 de agosto de 2021.
PROGRAMA II. INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA- IEBT. TR340E.
Beneficiarios. Empresas privadas, incluídos autónomos.
Condicións. Con domicilio en Galicia e que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT.
Tipos de axuda.
- Subvención á creación directa de emprego estable (6.00010.000 euros, incrementables en función de determinados colectivos ou por estar situado en zona rural),
- para a contratación de persoal técnico de alta cualificación (máximo de 18.000 euros) e,
- para o inicio da posta en marcha da actividade (10.00024.000 euros, non podendo superar o custo total dos gastos subvencionables).
Prazo de presentación ata o 30 de setembro de 2021, comezando o mércores 21 de xullo.