Axudas para a industria manufactureira

Convocadas novas axudas destinadas a execución de plans de innovación e de sustentabilidade no ámbito da Industria Manufactureira.

👉Orde

Axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á execución de plans de innovación e de sustentabilidade no ámbito da Industria Manufactureira.

Beneficiarios. Sociedades con personalidade xurídica propia, legalmente constituídas en España e debidamente rexistradas no rexistro correspondente, con independencia do seu tamaño, que desenvolvan unha actividade industrial, e que non formen parte do sector público.

Liñas de actuación

Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental, e proxectos de innovación en materia de organización e procesos.

  • Investigación industrial.
  • Desenvolvemento experimental.
  • Innovación en materia de organización.
  • Innovación en materia de procesos.

Liña de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética.Investimentos con carácter innovador destinadas á protección do medio ambiente.

  • Investimentos con carácter innovador en medidas de aforro enerxético ou enerxías renovables.

Gastos subvencionables

  • Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
  • Persoal.
  • Instrumental e material inventariable.
  • Investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia.

Liña de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética.

  • Aparellos e equipos de produción.
  • Edificación e instalacións.
  • Activos inmateriais.
  • Colaboracións externas.

Características da axuda.

Poderán ter a forma de préstamos ou dunha combinación de préstamos e subvencións.

Prazo de realización das actuacións, desde o día seguinte á presentación da solicitude e ata un prazo máximo de 24 meses contados desde a data de resolución da concesión.

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da aplicación dispoñible para iso no 👉 portal de axudas do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Prazo de presentación de solicitudes. Será o que establezan as convocatorias que se deriven desta orde de bases, non sendo este superior a 60 días hábiles desde o día seguinte á data de publicación do extracto de convocatoria no «Boletín Oficial do Estado.

Para máis información ou consultas podes poñerche en contacto co portal de axudas a través do número de teléfono 91 349 46 40.