Cheques dixitalización COVID-19

Convocadas novas axudas para a dixitalización e o teletraballo de empresas e entidades.

👉 Resolución

O Diario Oficial de Galicia publica o venres 9 de xullo unha nova edición das axudas de dixitalización.

Esta nova convocatoria, posta en marcha polo IGAPE, pretende subvencionar proxectos de adaptación á crise ocasionada pola COVID-19, mediante a implementación de tecnoloxías dixitais.

Características

Beneficiarios.

  • Pequenas empresas e autónomos (que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.
  • Entidades de economía social.
  • Asociacións empresariais e laborais.

Contía. 80%do gasto subvencionable, co límite máximo de 9.600 euros.

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica do IGAPE.

Prazo de presentación de solicitudes. Desde o 10 de xullo e ata o 30 de setembro de 2021.

Prazo de execución do proxecto. Desde o 1 de outubro de 2020 ao 15 de novembro de 2021.

Gastos subvencionables

Promover a adaptación á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais, tales como:

  • Control de presenza (cámaras, sensores, sistemas de check- in/ check- out); de capacidade (cámaras, sensores, xestión de citas, xestión de colas); de estado sanitarios (cámaras, pulseiras).
  • Control das normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Catálogos diarios efémeros (xestión de pedidos ou comandas).
  • Cartelería electrónica (emisión de contidos e mensaxes ao cliente).
  • Sistemas de notificación en móbil (contidos electrónicos para hostalería, menús, cartas…)
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos e tarefas.
  • Adaptación de presenza na internet ( bots de conversación autónoma, sistemas de comercio básicos, mellora de catálogo de produtos, atención remota, sistemas pick and go, compra en móbil e recollida en tenda, outros…)
  • Solucións de conectividade e incorporación ao teletraballo.
  • Mellora da ciberseguridad.

Gastos subvencionables.

  • A suma dos gastos, que se detallan a continuación, non superará os 10.000 euros: activos (equipos informáticos, licenzas de software, dispositivos de conectividade en zonas rurais) e subscrición a software.
  • O máximo subvencionable será de 4.000 euros en colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais.

Máis información

Igape responde, a través do número de teléfono ☎ 900 815 151.