Plan Galicia Emprega

Axudas para favorecer a contratación de desempregados na empresa ordinaria, especialmente, daquelas persoas con dificultades de inserción laboral.

👉Orde

Axudas para favorecer a contratación de desempregados na empresa ordinaria, especialmente, daquelas persoas con dificultades de inserción laboral.

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da 👉 sede electrónica da Xunta de Galicia e, introducindo os códigos de procedemento correspondentes ( TR342 C e TR342A).

Prazo de presentación de solicitudes. Desde o 27 de xullo e ata o 30 de setembro de 2021.

  • Contratacións por conta allea realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e hoxe luns 26 de xullo a solicitude da axuda deberá realizarse no prazo de dous meses contados desde mañá martes 27 de xullo.
  • Contratacións realizadas desde mañá martes 27 de xullo de 2021 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal.
  • Programa II, o prazo comezará mañá martes 27 de xullo e ata o 30 de setembro de 2021.

Beneficiarios

  • Programa I. Desempregados e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos que contraten traballadores por conta allea.
  • Programa II. Asociacións, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral, empresas que conten con preparadores laborais no seu cadro de persoal.

Programas

Programa I. Incentivos á contratación por conta allea e á formación. Código de procedemento TR342 C.

  • Incentivos á contratación indefinida (novas, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social). Entre 6.000 e 16.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
  • Incentivos á contratación temporal (novas, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social). Entre 3.000 e 8.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
  • Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos (novos, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social). Entre 2.000 e 3.000 euros.
  • Incentivos á formación (para accións formativas que melloren as habilidades e coñecementos relacionados co posto). Entre 2.000 e 4.000 euros.

Programa II. Emprego con apoio. Código de procedemento TR342A. Conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado a traballadores con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.