Xornada sobre os novos avais do IGAPE

Nova xornada informativa a través de Zoom, onde se darán a coñecer as novas liñas de avais do IGAPE.

💻 INSCRICIÓNS

A Asociación en colaboración coa entidade de garantía recíproca, Sogarpo, organizan unha nova xornada informativa sobre os avais do IGAPE.

O martes 29 de xuño, o DOG, publicaba a resolución a través da cal se regula o apoio ao crédito a pequenas e medianas empresas, mediante convenio entre o IGAPE, as sociedades de garantía recíproca e entidades de crédito adheridas.

O prazo de presentación das solicitudes iniciábase o 30 de xuño, vencéndose o próximo 30 de setembro de 2021.

Para dar a coñecer todos os detalles, o Director Comercial de Sogarpo, Fernando Carbonell, intervirá o xoves 8 de xullo ás 12 horas a través da aplicación Zoom.

O obxecto será dar a coñecer, a todos os asistentes da xornada, os novos avais que facilitarán o acceso ao financiamento a pemes e autónomos de Galicia destinadas a investimentos produtivos, tráfico comercial, outorgar garantías fronte a terceiros e paliar as dificultades derivadas da COVID-19.

REAVALES:

  • Crecemento.
  • Funcionamento.
  • Garantías.
  • COVID-19.

Inscrición libre e gratuíta

Para inscribirse á xornada, só feixe clic 👉 aquí e déixanos os teus datos para poder facilitarche o acceso á plataforma.