A Xunta de Galicia ten abertas diversas convocatorias de programas e axudas destinadas a autónomos e empresas privadas, co obxecto de promover a xeración de emprego e a posta en marcha de novas actividades económicas.
Se estás a pensar en darche de alta como autónomo, contratar persoal ou recuperar unha actividade económica en crise ou sen substitución xeracional, consulta a continuación os programas que aínda teñen aberta a súa convocatoria de solicitude ata o próximo 30 de setembro.
Promoción de emprego autónomo
Axuda económica de entre 2.000 e 10.000 euros destinada a persoas desempregadas que inicien a súa actividade como autónomos ou por conta propia en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.
Axudas a autónomos pola contratación indefinida
Incentivos a autónomos ou profesionais con domicilio en Galicia, para a contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas.
O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.
- Bono contratación. Axuda económica para a contratación indefinida inicial de desempregados. As contías máximas irán desde 16.250 euros para a primeira persoa traballadora indefinida e 22.500 euros para a segunda e terceira.
- Bono formación. Axuda de 4.000 euros por cada traballador dado de alta como indefinido, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades.
Programa Galicia Emprega
Incentivos para a contratación de desempregados na empresa ordinaria calquera que sexa a súa forma xurídica, incluidos autónomos, especialmente, daquelas persoas con dificultades de inserción laboral (novas, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social).
O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.
- Contratación indefinida Entre 6.000 e 16.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
- Contratación temporal entre 3.000 e 8.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
- Transformación de contratos temporais en indefinidos entre 2.000 e 3.000 euros.
- Accións formativas que melloren as habilidades e coñecementos relacionados co posto entre 2.000 e 4.000 euros.
Programa de apoio á recuperación de negocios en crises ou sen substitución xeracional
Axudas destinadas a impulsar a actividade económica de sociedades cooperativas e sociedades laborais de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexitentes, a través dun proceso de transformación.
O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.
- Categoría 1. Adquisición de activos.
- Categoría 2. Asesoramento.
- Categoría 3. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico.
- Categoría 4. Gastos correntes.
Iniciativas de emprego de base tecnolóxica
Subvencións para empresas privadas, incluídos autónomos, con domicilio en Galicia e que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT (Iniciativa de emprego de base tecnolóxica).
O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.
- Creación directa de emprego estable.
- Contratación de persoal técnico de alta cualificación.
- Inicio da posta en marcha da actividade.