Promoción do emprego autónomo e axudas á contratación

Novas axudas para fomentar o traballo autónomo e incentivar as contratacións de persoas desempregadas.

👉Orde

O DOG publica as novas axudas que regulan a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da 👉 sede electrónica da Xunta de Galicia e, introducindo os códigos de procedemento correspondentes ( TR341D e TR349 F).

Prazo de presentación de solicitudes.

  • Programa I. Ata o 30 de setembro de 2021.
  • Programa II. Contratacións realizadas entre o 30 de outubro de 2020 e o 4 de agosto de 2021 e un prazo de dous meses contados desde o día 5 de agosto de 2021. Contratacións realizadas despois da entrada en vigor da presente orde, deberá solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se realice a contratación. Prazo máximo 30 de setembro de 2021.

Máis información a través da 👉 web do autónomo da Xunta de Galicia.

Beneficiarios

Programa I. Persoas que causen alta no réxime especial de autónomos.

Programa II. Autónomos e profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Contías

Programa I. Entre 2.000 e 4.000 €. Máis o 25% acumulables, cun máximo de 10.000 €.

Programa II. Bono contratación, entre 4.000 e 9.000 €. Máis o 25% acumulables, cun máximo de 16.250 € para a primeira contratación e de 22.500 € para a segunda e terceira contratación. Bono formación, 4.000 €.

Programas

Programa I. Promoción do emprego autónomo. Código de procedemento TR341D.

Programa II. Programa de axudas a autónomos pola contratación indefinida e formación de persoas asalariadas. Código de procedemento TR349 F.

Requisitos

Programa I.

  • Rexistrado como demandante de emprego e carecer de ocupación na data de inicio da actividade.
  • Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da axuda.
  • Desenvolver a actividade en Galicia.
  • Non percibir axudas de emprego autónomo nos 3 anos anteriores.
  • Non desenvolver, como autónomo, a mesma actividade nos 6 meses anteriores ao comezo da actividade ou calquera outra nos 3 meses anteriores.

Programa II.

  • No caso de primeira contratación manter o contrato polo menos 2 anos.
  • No caso de segunda ou terceira contratación manter o número de persoas fixas do cadro de persoal durante polo menos dous anos.