Axudas traballadores afectados por ERTES COVID

Convocadas novas axudas para compensar a perda de poder adquisitivo dos traballadores afectados por un ERTE derivado da COVID-19.

👉 Orde

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade, convoca novas axudas extraordinarias para os traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19.

Beneficiarios

  • Traballadores por conta allea afectados por un ERTE, durante o 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021.
  • Duración do ERTE de polo menos de 12 meses, podendo ser de forma interrompida.
  • O importe da totalidade dos rendementos declarados durante o ano 2020 non pode exceder os 14.000 euros.

Contía da axuda

500 euros por persoa beneficiaria.

Prazos e forma de presentación das solicitudes

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento TR820 G.

Prazo de presentación de solicitudes. Durante un mes, a partir do venres 24 de setembro.