👉 DOG
A Xunta de Galicia publica no DOG do xoves, 23 de setembro, os contidos da formación obrigatoria que deberán realizar, desde o pasado 15 de setembro, o persoal de hostalería e restauración, segundo as indicacións recollidas no novo Plan de hostalería segura.
Contidos
Formación básica
- O novo Plan de hostalería segura.
- Infección SARS- CoV-2.
- Principais medidas #ante a COVID.
- Medidas específicas na hostalería.
Formación avanzada
- O novo Plan de hostalería segura.
- Infección SARS- CoV-2.
- Principais medidas #ante a COVID.
- Medidas específicas na hostalería.
- Relacións coa clientela.
Organización do curso de formación
Para levar a cabo as dúas formacións, a administración pon ao dispor do sector hostaleiro, diferentes canles:
Cursos organizados pola administración autonómica.
Nun prazo de 10 días, a Xunta poñerá a disposición unha plataforma de formación para acceder aos contidos de cada nivel e obter a certificación de forma gratuíta.
Tras a visualización dos contidos, o alumno deberá rexistrarse para solicitar o acceso á plataforma e enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para a realización da proba que, tras ser superada, recibirá o certificado na mesma dirección de correo.
Cursos organizados polos servizos de prevención e centros de formación.
Poderán ser tamén impartidos por entidades de formación, asociacións do sector ou servizos de prevención cumprindo os requisitos mínimos.
Cursos xa realizados con anterioridade.
Os cursos xa realizados con anterioridade á data da eficacia desta orde daranse por válidos como formación básica, cando o seu contido coincida nun 80% do especificado na mesma.