Nova formación en soldadura

Nova formación para desempregados en materia de soldadura con eléctrodo e TIG.

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao organiza no marco da Orde do 16 de abril de 2021 e, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Trabajo y Economía Social, unha nova formación especializada en soldadura con electrodos e TIG.

A formación comezará o próximo 4 de novembro e estará dirigira prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas.

Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel 2 que inclúe a realización de prácticas en empresas e la posibilidade de solicitar bolsas para o transporte ó lugar de celebración do mesmo.

Datas e duración

  • MF0099_2: Soldadura con arco eléctrico con eléctrodos revestidos. 400 hs.
  • MF0100_2: Soldadura con arco baixo gas protector con eléctrodo non consumible. 240 hs.
  • MP0349: Módulo de prácticas profesionais non laborais. 40 hs.
  • Básico de prevención de riscos laborais. 60 hs.
  • Inserción laboral, sensibilidade ambiental e na igualdade de xénero. 10 hs.
  • Formación para a igualdade. 8 hs.

Características

O alumno deberá cumprir un mínimo do 75% de asistencia de cada un dos módulos formativos que compoñen o curso.

Así mesmo, os alumnos poderán solicitar á administración autonómica, diferentes axudas económicas para sufragar os gastos relativos ao medio de transporte, a conciliación de persoas dependentes …

Requisitos de acceso

Para acceder á formación e, por tratarse dun certificado de profesionalidade de nivel 2, o alumnado deberá posuír algunha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

  • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria (LOE).
  • Graduado ou graduada en educación secundaria ( LOXSE).
  • Título profesional básico (Real decreto 127/2014).
  • Superar os módulos obrigatorios dun Programa de cualificación profesional inicial ( PCPI).
  • Superar un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privado autorizados pola Administración educativa.
  • Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
  • Título de técnico auxiliar (FP1).
  • Título de técnico (ciclo formativo de grao medio).
  • 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos de 1º e 2º de BUP.
  • 2º curso do primeiro ciclo experimental de reforma dos ensinos medios ( REM).
  • Título de técnico deportivo.
  • Título de técnico de artes plásticas e deseño.
  • Oficialía industrial.
  • Título de técnico militar.
  • Tres cursos comúns do plan de 1963 ou 2º curso de comúns experimental, dos ensinos de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (Artes aplicadas e oficios artísticos).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
  • Outros estudos declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores.
  • Calquera titulación, certificación ou acreditación que de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.