A Xunta de Galicia anuncia un novo protocolo para a hostalería na nosa comunidade autónoma.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba en rolda de prensa, un novo documento de actuación que guiará os próximos meses.
Deste xeito, crearanse dous novos niveis de restrición segundo o grao de compromiso do establecemento.
Locais de tipo 1
👥 AFORO. 50% en interior e 75% en exterior.
🕐 HORARIO DE PECHE. 1.00 horas.
⭕REQUISITOS MÍNIMOS DE SEGURIDADE.
- Distancia de 1,5 metros entre mesas.
- Exposición pública de aforos permitidos no local.
- Medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada 4 horas.
- Máscaras cirúrxicas para o persoal, con obrigación de cambio cada 4 horas.
- 2 horas de formación en protocolos covid para o persoal.
Locais de tipo 2
👥 AFORO. 75% en interior e 100% en terraza, ademais do uso de barras, sempre de forma individual ou de dúas persoas conviventes.
🕐 HORARIO DE PECHE. 1.00 horas.
⭕ REQUISITOS MÍNIMOS DE SEGURIDADE.
- Distancia de 1,5 metros entre persoas de distintas mesas.
- Os restaurantes deberán rexistrar os clientes.
- Medidor de CO2 continuo.
- Máscaras FPP2 para o persoal, facilitándolles probas diagnósticas cada 7 ou 14 días, dependendo da situación epidemiolóxica.
- 4 horas de formación en protocolos covid para o persoal.
Resérvase un terceiro nivel para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
A comunicación oficial e todos os detalles faranse oficiais nas próximas horas no DOG.