NIVEL 1C
De obrigado cumprimento para todos os establecementos independentemente do nivel de restrición do concello no que se atope.
- Peche á 1.00 hs.
- Aforo interior: 50% (8 persoas por mesa)
- Aforo exterior: 75% (15 persoas por mesa)
- Exposición pública dos aforos empregando os carteis postos a disposición desde a aplicación de 👉 Turespazo.
Cumprimento dos requisitos mínimos de seguridade sanitaria no NIVEL 1 C:
- Elaborar un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán no establecemento, de coñecemento para o persoal e ao dispor das autoridades sanitarias.
- Distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupacións de mesas.
- Sinalizar a capacidade dos aseos e desinfectarlos como mínimo 2 veces ó día.
- Medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada catro horas 👉 Guía de boas prácticas de ventilación en hostalería.
- Máscaras cirúrxicas para o persoal, que se deben cambiar cada 4 horas.
- 2 horas de formación en protocolos COVID para o persoal.
- Roupa de traballo específica para o persoal.
NIVEL 2C
Para aqueles establecementos que se comprometan a aplicar medidas adicionais de seguridade.
Peche á 1.00 hs.
Aforo interior: 75% (6 persoas por mesa)
Aforo exterior: 100% (10 persoas por mesa)
Uso permitido de barras, sempre para utilización individual ou de dúas persoas se son conviventes.
Exposición pública dos aforos empregando os carteis postos a disposición desde a aplicación de 👉 Turespazo.
Cumprimento dos requisitos mínimos de seguridade sanitaria no NIVEL 2 C:
- Elaborar un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán no establecemento, de coñecemento para o persoal e ao dispor das autoridades sanitarias.
- Distancia de 1,5 metros entre clientes dunha mesa e a contigua.
- Sinalizar a capacidade dos aseos e desinfectarlos como mínimo 3 veces ao día.
- Medidor de CO2, continuo 👉 Guía de boas prácticas de ventilación en hostalería.
- Máscaras cirúrxicas para o persoal, que se deben cambiar cada 4 horas, ofertando a posibilidade de máscaras FP2 con cambio cada 8 horas.
- 4 horas de formación en protocolos COVID para o persoal.
- Roupa de traballo específica para o persoal.
- Ofrecer ao persoal a posibilidade de realización de probas COVID cada 15 días. A frecuencia baixará a 7 no caso de que o nivel do concello sexa alto ou máximo. As probas serán voluntarias para o persoal.
- Carta dixital, QR ou lousa.
- Restaurantes con rexistro de clientes.
NIVEL DE SEGURIDADE
Só cando así o decidan as autoridades sanitarias pola gravidade epidemiolóxica.
- Peche ás 23.00 hs.
- Aforo interior: 30%
- Aforo exterior: 50%
- Exposición pública dos aforos empregando os carteis postos a disposición desde a aplicación de 👉 Turespazo.
Cumprimento dos requisitos mínimos de seguridade sanitaria:
- Carteis informativos cos aforos permitidos.
- Distancias entre mobiliario.
- Uso obrigatorio de máscaras polo persoal e os clientes, só poderán retirala no momento exclusivo do consumo.
- Distancia interpersoal de 1,5m.
- Desinfección de mesas, cadeiras… preferentemente entre clientes.
- Limpeza periódica de aseos.
- Dispensadores de xeles hidroalcohólicos ao público.
- Tarefas de ventilación periódica e colocación de medidores CO2.