Nova formación en fontanería e calefacción

O 12 de xaneiro de 2022 dará comezo unha nova formación encamiñada á especialización de fontaneiros e calefactores.

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao comezará o próximo mes de xaneiro un novo curso dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.

Esta nova acción estará subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social

O curso denominado Operacións de fontanería e calefacción -Climatización doméstica-, terá unha duración de 558 horas e comezará o día 12 de xaneiro de 2022 ata o 6 de xullo de 2022, en horario de 16 a 20 horas.

Contidos

  • MF1154_1: Instalación de tubaxes. 170 hs.
  • MF1155_1: Instalación e mantemento de sanitarios e elementos de climatización. 180 hs.
  • MP0090: Módulo de prácticas profesionais non laborais. 160 hs.
  • Básico de prevención de riscos laborais 60 hs.
  • Inserción laboral, sensibilidade ambiental e na igualdade de xénero 10 hs.
  • Formación para a igualdade 8 hs.

Prácticas en empresas

A formación leva incluído a realización dun módulo de prácticas en empresas con duración de 160 horas, a través do cal, o alumno poñerá en práctica, no seo dunha empresa, os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos durante o curso.

Bolsas

Os alumnos terán a posibilidade de solicitar bolsas económicas.

Estas axudas irán determinadas pola situación de cada un dos participantes na acción formativa, onde poderán solicitar polo traslado ao centro, por fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes, vítimas de violencia de xénero, discapacidade …

Inscripcións

A realización do curso non require o cumprimento de ningún requisito académico por parte dos alumnos, que deberán formalización a súa preinscrición a través do seguinte formulario:









    Responsable: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS POLIGONO SAN CIBRAO – NIF: G32008765 – Dir. Postal: CALLE 1, Nº 6, 32901, SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE) – Teléfono: 988383756 – Contacto delegado de protección de datos: multiusos@poligonosancibrao.com

    ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS POLIGONO SAN CIBRAO informa: En nombre de la asociación tratamos la información que nos facilita con el fin de mantenerle informado de las distintas vacantes a un puesto de trabajo que se produzcan en nuestra organización o entidades relacionadas con el responsable, así como de aquellas actividades relacionadas con el empleo y la formación y/o jornadas informativas. Los datos proporcionados se conservarán hasta que usted ejerza su derecho de supresión. Usted puede a ejercer sus derechos, como interesado, de acceso, limitación del tratamiento, portabilidad, oposición, rectificación o supresión, así como a presentar las reclamaciones pertinentes ante la Agencia Española de Protección de Datos. Puede obtener más información dirigiéndose a la dirección arriba indicada.