Novas axudas para autónomos

Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo en Galicia.

O DOG publicaba o pasado mes de decembro as novas axudas dirixidas á promoción e consolidación do emprego autónomo, así como o programa bono para autónomos.

AXUDAS PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN EMPREGO AUTÓNOMA
Orde do 28 de decembro de 2021 – Código de procedemento TR341D

Beneficiarios. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación

Contía da axuda.

  • Persoas desempregadas en xeral: 2000€
  • Persoas desempregadas: <30 anos/@desemplear de longa duración/con discapacidade/en situación ou riscos de exclusión social: 4000€

As axudas anteriores incrementaranse nun 25% se: a persoa incorporada é muller/centro de traballo nun concello rural/ persoa incorporada>45 anos/ persoa incorporada emigrante retornada / persoas trans /profesións e oficios con subrepresentación da muller (incrementos acumulables ata un máximo de 10000€

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento TR341D.

Prazo de presentación de solicitudes. Ata 30/09/2022.

BONO DAS PERSONAS AUTÓNOMAS

Orde do 29 de decembro de 2021 – Código de procedemento TR341Q

Beneficiarios.

Persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional que cumpran os seguintes requisitos:

  • Antigüedade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
  • Rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros.
  • Facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, referida ao ano 2020

As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
  • Facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
  • Base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo a casa 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

Contía da axuda: 80% da actividade para subvencionar ( Máx. 3000€) a través das seguintes liñas de actuación (non excluíntes entre si):

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

  • Plan estratéxico do negocio
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de refinanciamento
  • Plan de márketing
  • Plan de eficiencia enerxética
  • Plan de biodiversidade
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan de transformación dixital

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
  • Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
  • Compra de utillaje e ferramentas
  • Reforma do local do negocio
  • Equipamento informático
  • Equipamento de oficina e/ou negocio
  • Rótulos
  • Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais
  • Deseño de marca

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento TR341 Q.

Prazo de presentación de solicitudes. Do 14/01/2022 ao 14/02/2022.