Os cambios na reforma laboral

A Reforma Laboral a debate na Asociación de Empresarios.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS RECUPERA As XORNADAS PRESENCIAIS TRAS DOUS ANOS PARA ABORDAR DA REFORMA LABORAL

Unha trintena de empresarios e técnicos participaron o mércores 26 de xaneiro, na primeira xornada informativa e formativa do ano que organiza a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao.

Pero a particularidade estaba noutra circunstancia: é tamén a primeira que se celebra de forma presencial desde o comezo da pandemia, en marzo do 2020, case dous anos despois.

O contido, ademais, non podía ser de maior interese nin de máis actualidade: a reforma laboral.

“Despois do histórico acordo entre goberno, organizacións sindicais e empresariais, tócanos desmenuzar as novidades que incorpora a normativa, as súas aplicacións e consecuencias”, indicou José Antonio Rodríguez Araujo ao comezo da xornada.

De todo iso encargouse José Antonio Fernández-Kelly, experto en Dereito Laboral, da Seguridade Social e da Función Pública, profesor da Universidade de Vigo e árbitro do Consello Galego de Relacións Laborais.