👉PROGRAMA DE AYUDAS A AUTÓNOMOS
A Xunta de Galicia publica tres novas ordes destinadas a favorecer a contratación, a formación de desempregados e a conciliación.
O plan Galicia Emprega ten como destinatarios desempregados e empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos que contraten traballadores por conta allea.
O programa de axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación ten como beneficiarios autónomos ou profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Programa de axudas a autónomos
BONO DE CONTRATACIÓN
Subvención para a contratación indefinida inicial de desempregados por parte de autónomos ou profesionais con domicilio en Galicia desde o 1-10-2021 e o 30-09-2022.
A contratación poderá ser a tempo completo ou parcial, incluídos os fixos-descontinuos.
BONO DE FORMACIÓN
Os autónomos que así o soliciten poderán ser beneficiarios dun bono para a formación dos traballadores subvencionados a través do bono de contratación anterior.
A formación terá lugar dentro dos 3 primeiros meses da solicitude e deberá estar finalizada o 30-11-2022, cunha duración mínima de 70 horas teóricas relacionadas co posto de traballo.
BENEFICIARIOS
Autónomos ou profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
CUANTÍAS DOS INCENTIVOS
BONO DE CONTRATACIÓN. Primeiro indefinido, 4.000 € (6.500 € para colectivos especiais), cun máximo de 16.250 euros. Segundo e terceiro indefinido, 6.500 € (9.000 € para colectivos especiais), cun máximo de 22.500 euros.
BONO DE FORMACIÓN. Axuda de 4.000 euros por persoa traballadora subvencionada.
Solicitudes. A través da sede electrónica da Xunta e, introducindo o código de procedemento TR349 F.
Prazo de presentación de solicitudes.
- Dous meses contados a partir do 29 de xaneiro de 2022, para aquelas contratacións entre o 1 de outubro de 2021 e o 28 de xaneiro de 2022.
- As contratacións a partir do 29 de xaneiro de 2022, contarán cun prazo de, ata o último día do segundo mes seguinte, á data en que se inicie a relación laboral indefinida
Programa Galicia Emprega
PROGRAMA I
Incentivos á contratación por conta allea e á formación. Código de procedemento TR342 C.
Línea de incentivos á contratación por conta allea.
- Contratación indefinida, incluídos fixos-descontinuos. Entre 6.000 e 16.000 €.
- Contratación temporal. Entre 3.000 e 8.000 €.
- Transformación de contratos temporais en indefinidos. Entre 2.000 e 3.000 €.
- Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ata conseguir a xornada a tempo completo. 2.000 €.
Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo,
- para accións formativas que melloren as habilidades e coñecementos relacionados co posto.
- Desde 2.000 ata 4.000 € por cada persoa contratada que recibe formación.
PROGRAMA II
Emprego con apoio. Código de procedemento TR342A.
Conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado a traballadores con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción social.
Desde 3.500 ata 8.500 € anuais por cada persoa traballadora a xornada completa podendo incrementarse ata nun 125% en función do cumprimento de diversas condicións.
Presentación de solicitudes.
De forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e, introducindo os códigos de procedemento correspondentes ( TR342 C e TR342A).
Prazo de presentación de solicitudes.
Desde o 29 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022.
Axudas para a conciliación
Beneficiarios. Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, así como sociedades e comunidades de bens que contraten a unha persoa traballadora, ben sexa no caso de finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, ou ben en calquera momento en que o precisen para apoiar o coidado de menores e/ou maiores e dependentes.
Acción subvencionable e importe.
- Bono autónomo concilia I. Contratación realizada pola persoa autónoma para apoio no seu negocio, durante un período máximo dun ano unha vez finalizada a baixa por maternidade, paternidade, adopción ou acollemento. 500 euros por mes completo, cun importe máximo de 6.000 euros. Contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022 cunha duración mínima de 6 meses.
- Bono autónomo concilia II. Contratación realizada pola persoa autónoma para apoio no coidado de menores e/ou maiores ou dependentes durante un período máximo dun ano. 500 euros por mes completo, cun importe máximo de 6.000 euros. Contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022 cunha duración mínima de 6 meses
- Bono autónomo coidado de menores. 75% dos gastos do centro ou servizo de coidado de menores, ata un máximo de 3.000 euros, para aqueles autónomos que obteñan a subvención polo bono I ou II.
- Bono autónomo coidado de persoas maiores ou dependentes. 75% dos gastos do centro ou servizo de coidado de maiores, ata un máximo de 3.000 euros, para aqueles autónomos que obteñan a subvención polo bono I ou II.
Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica de la Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento TR341R.
Prazo de presentación de solicitudes. Durante un mes, a partir do 3 de febreiro.