Fin á obrigatoriedade do uso de máscaras en interiores

Desde o 20 de abril deixa de ser obrigatorio o uso de máscaras nos espazos pechados, agás excepcións.

A obrigatoriedade do uso de máscaras en todos os espazos pechados desaparece agás en determinados supostos.

Deste xeito xa non é obrigatorio o seu uso nin en espazos ao aire libre, norma en vigor desde o 09 de febreiro, nin en espazos pechados.

A medida entra en vigor o 20 de abril de 2022, tras a publicación no BOE do Real Decreto 286/2022.

Existen algunhas excepcións nas cales si seguirá sendo necesario levar a máscara e, son as seguintes:

  • Centros, servizos e establecementos sanitarios, por parte das persoas traballadoras, dos visitantes e dos pacientes con excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación.
  • Centros sociosanitarios, os traballadores e os visitantes cando estean en zonas compartidas.
  • Medios de transporte aéreo, por ferrocarril ou por cable e nos autobuses, así como nos transportes públicos de viaxeiros. Nos espazos pechados de buques e embarcacións nos que non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros. Salvo nos camarotes cando sexan compartidos por núcleos de conviventes.

Excepcións no uso de máscaras nos centros de traballo

Na contorna laboral, con carácter xeral, non resultará preceptivo o uso de máscaras.

Con todo, os responsables en materia de prevención de riscos laborais, de acordo coa correspondente avaliación de riscos do posto de traballo, poderán determinar as medidas preventivas adecuadas que deban implantarse no lugar de traballo ou en determinados espazos dos centros de traballo, incluído o posible uso de máscaras, se así se derivase da devandita avaliación.

Recomendacións do uso de máscaras

A recomendación do uso da máscara mantense en:

  • Espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongado.
  • Eventos multitudinarios.
  • Contorna familiar e reunións ou celebracións privadas, en función da vulnerabilidade dos participantes.