A Xunta de Galicia publicou dúas novas ordes a través das cales se convocan diferentes axudas para subvencionar proxectos de aforro e eficiencia enerxética. Estas axudas están destinadas ao sector industrial e de servizos e, a actividades de comercio, hostalería, artístico-recreativas e outros servizos. Estas últimas recollidas dentro do programa Bono Enerxía Peme.
PROXECTOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA O SECTOR INDUSTRIAL E DE SERVIZOS
Os beneficiarios destas axudas son aquelas empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou no industrial.
Poden acometer, entre outras, as seguintes actuacións:
- Investimentos de substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía no proceso produtivo do sector industrial.
- Renovación ou mellora de equipos ou instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas ao benestar e hixiene das persoas.
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
- Substitución ou mellora de equipos ou instalacións consumidoras de enerxía do sector servizos.
- Implantación de medidas de contabilización e monitoraxe da comprobación dos resultados enerxéticos.
Subvencionarase un 35% do custo elixible da actuación, incrementándose un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.
A axuda máxima por proxecto será de 500.000 € e por empresa de 1.000.000 €.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o código de procedemento IN417E.
O prazo de solicitude abre o martes 19 de abril e estará activo ata o 03 de outubro de 2022.
Enlace ao Diario Oficial de Galicia.
PROXECTOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA ACTIVIDADES DE COMERCIO, HOSTALERÍA, ARTÍSTICO-RECREATIVAS E OUTROS SERVIZOS
Neste caso os beneficiarios das axudas son aquelas empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
- G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións de 45 a 47 incluídas.
- I: hostalería, divisións de 55 a 56 incluídas.
- R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións de 90 a 93 incluídas.
- S: outros servizos, só as divisións 95 e 96.
Os proxectos subvencionables divídense nos seguintes BONOS:
- Envolvente: elementos de control solar.
- Iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
- Instalacións eléctricas: renovación de transformadores, sistemas de alimentación ininterrompida, instalación de filtros economizadores…
- Equipamento: renovación de equipos (cafeteiras, lavalouzas, secadoras, ferros de pasar, vending, mobles frigoríficos…).
- Climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
- Inmótica: sistemas domóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético máis eficiente.
Subvencionarase o 80% do custo elixible da actuación, establecendo unha axuda máxima por solicitude, con carácter xeral, de 6.000 €.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o código de procedemento IN417Z.
O prazo de solicitude abriu o mércores 06 de abril e estará activo ata o 14 de xullo de 2022.
Enlace ao Diario Oficial de Galicia.