A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao acolleu unha xornada sobre os datos na contorna empresarial na que expertos no tema explicaron como recompilalos, estudalos e como afectan á toma de decisións empresariais.
Tal e como explicou o presidente da Asociación, José Antonio Rodríguez Araujo:
Para explicar e detallar as ferramentas que facilitan esta tarefa, así como as axudas públicas dispoñibles para abordar proxectos de analítica de datos, a xornada contou coa participación de David Martínez Alonso, Director Estratéxico de DMA Advisory, e Laureano Pérez Soto, CEO de Datasight Consulting.
Unha das principais conclusións do encontro foi ca análise de todos os datos que xera o labor diario dunha empresa permite adiantarse a todo tipo de situacións, coñecer mellor aos clientes e implementar medidas acordes aos cambios no mercado ou nos hábitos de consumo.