Piscina Tecnópole
A piscina do Parque Tecnolóxico abrirá o sábado 18 de xuño e permanecerá operativa ata o 11 de setembro en horario de 12:30 a 20:30.
Nas súas instalacións conta con vestiarios e acceso gratuíto a conexión wifi para todos os bañistas. Nelas realizáronse melloras para as persoas con mobilidade reducida, tanto na accesibilidade ao recinto como á zona de baño.
O custo da entrada é de dous euros e pode adquirirse coa aplicación da Tecnópole. Hai bonificacións en caso de comprar bonos.
Ademais os empregados das empresas pertencentes a Tecnópole dispoñen de descontos á hora de adquirir os tecnópoles a través da aplicación.
Piscinas Ponte Noalla
As piscinas de Ponte Noalla abrirán o domingo 19 de xuño e ata o 11 de setembro en horario de 13:00 a 21:00.
Para este ano o concello realizou obras de mellora nas piscinas engadindo unha piscina intermedia que completa a oferta deste complexo.
As entradas individuais valen dous euros sendo posible adquirir bonos de tempada. Poderán comprarse na propia porta de acceso.
Todos os usuarios deben cumprir coas seguintes medidas:
- Evitar acceder ás instalacións se se teñen síntomas de enfermidades infectocontaxiosas.
- Obriga de ducharse antes de entrar nas piscinas.
- Cumprir as instrucións do persoal responsable das instalacións.