Galicia, en nivel máximo de alerta pola vaga de calor

A alerta prolongarase en todo o territorio polo menos ata o venres.

Desde a Consellería de Sanidade e o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) lanzan as seguintes recomendacións para minimizar os riscos o máximo posible:

RECOMENDACIÓNS

  • Beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.
  • Comer froitas e verduras evitando as comidas copiosas.
  • Usar roupa de tecidos naturais, lixeira, folgada e de cores claras. Calzado fresco e que transpire.
  • Durante o día, baixar as persianas e pechar as ventás, abríndoas pola noite para refrescar.
  • Evitar realizar actividades nas horas máis calorosas, reducindo a actividade física.
  • Non se deberá deixar no interior dos vehículos nin a nenos nin a persoas maiores. Tampouco a ningún animal de compañía.
  • Uso de cremas de protección solar, usando as de maior protección posible.
  • Protexer os ollos con lentes de sol e cubrir a cabeza con sombreiros.

Así mesmo, debe extremarse a precaución coas persoas de risco, nenos e nenas menores de cinco anos, persoas de idade avanzada ou con enfermidades crónicas.

Realizar seguimento de parentes ou veciños que vivan sós para comprobar que o seu estado de saúde é o habitual.

Poden acceder á ligazón das recomendacións da Xunta de Galicia aquí e seguir as actualizacións da páxina web do CIAE 112.