Novo sistema de cotización para autónomos

Publicación do Real Decreto-Lei que establece o novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia así como outras modificacións.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica o Real Decreto-Lei 13/2022 que recolle cambios na forma de tributar dos traballadores por conta propia.

A principal novidade son as novas táboas de cotización e cotas que entrarán en vigor en 2023 e que se irán modificando ano a ano.

As persoas traballadoras por conta propia ou autónomas incluídas neste réxime especial, cotizarán en función dos rendementos anuais obtidos no exercicio das súas actividades económicas, empresariais ou profesionais, tal e como se indica a continuación:

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

Os autónomos poderán modificar a súa base de cotización ata 6 veces por ano cunha periodicidade de 2 meses para axustala aos rendementos que vaian obtendo.

A maiores, no documento, preséntanse as seguintes novidades:

  • Prestación económica por nacemento e coidado de menor que consistirá nun subsidio equivalente ao 100 por cento da base reguladora correspondente.
  • Regularización correspondente a cada exercicio económico que se levará a cabo no ano seguinte e realizarase en función dos datos comunicados pola Axencia Tributaria.
  • Dedución por gastos xenéricos do 7% para aqueles traballadores autónomos individuais, mentres que esta mesma dedución redúcese ao 3% para o caso de traballadores por conta propia societarios, para o cálculo da previsión de rendementos anuais.
  • Cota reducida para inicio de actividade: 80 euros mensuais durante 12 meses (prorrogables por outros 12 para ingresos inferiores ao SMI).

Cesamento de actividade parcial e Mecanismo RED

A nova lei inclúe o cesamento de actividade parcial cunha prestación do 50% da base reguladora, compatible con outra actividade e cunha duración que irá desde os catro meses aos dous anos.

Tamén, adapta aos autónomos ao sistema de protección do Mecanismo RED. Este mecanismo activase polo goberno fronte conxunturas macroeconómicas xerais ou sectoriais desfavorables.

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

O Real Decreto-Lei entrará en vigor o 01 de xaneiro de 2023.