Axudas ao emprendemento Xempre Emprendemento

A Xunta de Galicia lanza unha nova liña de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento

Publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións Xempre Emprendemento.

Estas axudas están destinadas ás persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas (incluíndo cooperativas e sociedades laborais).

Estas deben atoparse de alta e iniciar a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas servirán para subvencionar os seguintes conceptos:

  • Equipamento informático.
  • Activos intanxibles. Aqueles que non teñen unha materialización física ou financeira.
  • Investimentos en eficiencia enerxética.
  • Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
  • Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
  • A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables cumprindo con certas condicións.

Os importes das axudas oscilarán entre os 3.000 € e os 30.000 € dependendo do investimento realizado. Sendo o investimento mínimo de 5.000 € e o máximo de 100.000 €.

O prazo de solicitude arrinca o 4 de outubro de 2022 ás 13:00 horas e estará aberto durante un mes.

A solicitude pode realizarse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo o código de procedemento TR880A.