Master Class sobre Transformación Cultural LEAN

Nas instalacións da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao terá lugar unha xornada sobre Transformación Cultural Lean impartida polo equipo de ARN Consulting

O xoves 22 de setembro levarase a cabo a Master Class sobre Transformación Cultural Lean.

Nela expoñeranse as claves e as fases das transformacións Lean extraídas da experiencia práctica acumulada polo equipo de ARN Consulting, que será o encargado do relatorio.

A metodoloxía Lean está enfocada a incrementar a eficiencia produtiva en todos os procesos.

Na xornada presentaranse casos de éxito deste tipo de transformacións adaptadas e desenvolvidas en empresas de distintos sectores así como a resolución de consultas neste tipo de procesos de transformación.

A Master Class dará comezo ás 09:00 e prolongarase ata as 14:00 horas.

Todos os interesados poden inscribirse clicando aquí.