O xoves 15 de setembro a partir das 12 da mañá terá lugar a presentación da V Edición do Programa ViaExterior.
ViaExterior é unha aceleradora multisectorial para a internacionalización de empresas galegas.
A sesión está aberta a aquelas empresas en diferentes estados de desenvolvemento interesadas en obter máis información sobre esta convocatoria.
ViaExterior seleccionará a 20 empresas en total, co obxectivo de acelerar o seu acceso a novos mercados e definir o seu plan de internacionalización.
O programa é de carácter gratuíto, cunha duración de 7 meses e lévase a cabo en tres fases (estratexia, aceleración e financiamento).
O seu obxectivo é ampliar as oportunidades de negocio, aumentar as competencias e coñecementos, favorecer o acceso a posibles investidores e crear unha rede de contactos que lles permita ás empresas establecer posibles acordos de colaboración.
A xornada contará coa presenza de David Regades (delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo) e Paqui García (responsable de ViaExterior).
Para obter máis información poden consultar a presentación da V Edición do Programa ViaExterior.
Poden rexistrarse na xornada clicando aquí.