Publicadas no DOG, as novas axudas dirixidas a autónomos.
Estas novas axudas teñen como principal obxectivo a mellora da competitividade da actividade empresarial, así como a promoción do emprego autónomo.
Detallamos un pequeno extracto de cada unha delas:
PROGRAMA BONO AUTÓNOMOS
Beneficiarios.
Autónomos de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade do colexio profesional e as sociedades de calquera clase e comunidades de bens, con domicilio en Galicia. Deberán cumprir os requisitos fixados no artigo 6 da orde.
Subvención.
Concederase para a mellora da competitividade da actividade empresarial nun 80% cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto das actividades subvencionables.
Actividades subvencionables.
- Compra de maquinaria.
- Compra e/o instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
- Compra de utensilios e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipamento informático.
- Equipamento de oficina e/o negocio.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
- Deseño de marca.
Presentación de solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento TR341Q.
Plazo de presentación de solicitudes, dende as 9:00 horas do 25 de xaneiro e ata o 29 de setembro de 2023.
XEMPRE AUTÓNOMO
Beneficiarios.
Persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación. Deberán cumprir os requisitos fixados no artigo 5 da orde.
Subvención.
- 2.000 euros para @desemplear en xeral.
- 4.000 euros para desempregados incluídos en colectivos vulnerables (menores de 30 anos, parados de longa duración, discapacitados, risco de exclusión social, maiores de 55 anos).
- A contía incrementarase nun 25% en caso de mulleres, centro de traballo nun concello rural, maiores de 45 anos, emigrante retornado, trans ou profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III. Contía máxima 10.000 euros.
Presentación de solicitudes a través da sede electrónica de la Xunta de Galicia, código de procedemento TR341D.
Plazo de presentación de solicitudes, dende o 25 de xaneiro e ata o 29 de setembro de 2023.